CONTRÁTAO AGORA

e non pagues a cota en 3 meses

A tarifa co prezo

MÁIS XUSTO

Presentamos a Xusto 


 

Propuxémonos atopar a máxima autoridade en xustiza do mundo e atopámola: é Xusto Barcia, o único Xusto de San Xusto, Concello de Barreiros (Lugo). Ninguén mellor ca el para presentarche a nosa nova oferta: Luz e Gas de Galuresa; a prezo de custo e con moita máis gasolina de balde na túa Bumeran, só por 4 €/mes/contrato.

La tarifa con el precio

MÁS JUSTO

As cousas mudaron. Xa podes elixir a tarifa máis xusta

LUZ OU GAS A PREZO DE CUSTO...

Cobrámosche a enerxía ao prezo que se subasta. Nin un céntimo de máis.

...E MOITA MÁIS 
GASOLINA DE BALDE.

Converte a túa Bumeran en súper Bumeran

4 €/mes para potencias de luz ata 10 kWh ou gas con tarifa RL1

app-bumeran

CON CADA CONTRATO, INCREMENTAS UN 2% A GASOLINA DE BALDE DA TÚA BUMERAN.

É un auténtico disparate, quizais por iso non hai ningunha outra marca que o faga.

De tódalas túas compras en Galuresa: supermercados, lavados e cafeterías, podes levar ata o 14 % na mellor gasolina do mundo, de balde. Como sempre en Galuresa, sen enganos e sen letra pequena.

AÍNDA NON TES A APP BUMERAN COA QUE CONSEGUIR GASOLINA DE BALDE?

DESCÁRGAA AQUÍ

COMO CONTRATAR A LUZ E O GAS DE GALURESA

Os que xa nos coñecen saben que nas estacións de servizo Galuresa caracterizámonos pola amabilidade, a proximidade e a atención. Coa Luz e o Gas non vai ser diferente. Por iso, vamos estar ao teu carón en todo momento e para facilitarcho, ofrecémosche dúas formas de contratar a enerxía para a túa casa.

Contrátao ti mesmo aquí e non pagues as tres primeiras cotas. 

É o xusto

Completa o Formulario premendo aquí

Precisarás os teus datos persoais, o nº de conta e o CUPS, que é o nº de identificación da subministración que atoparás nas túas facturas.

Revisa o teu contrato en VIDsigner

Unha vez completados os datos no formulario, abrirase a plataforma de sinatura segura que usamos. Alí podes revisar os datos do teu contrato.

Asina o contrato

Confirma a túa identidade introducindo o PIN que recibiches no teu móbil e asina o contrato; co dedo no caso do móbil ou tablet, e co rato no ordenador.

Contratación--presencial
galuresa_edificio

Contrátao na estación de servizo Galuresa que mellor che veña.

Alí axudarémoste.

Recolle o folleto en Galuresa

Para completalo, precisarás os teus datos persoais, o nº de conta e o CUPS, que é o nº de identificación da subministración que atoparás nas túas facturas.

Entrégao cuberto en Galuresa

Na estación revisaremos contigo que todo estea ben e prepararemos o teu contrato.

Asina o contrato

Se o volume de traballo nolo permite, no mesmo momento poderás asinar o contrato. De non ser así, avisarémosche o antes posible para que veñas asinalo outro día.

Lembra que nunca quedarás sen luz na casa, xa que o cambio será rápido. Veralo cando recibas a nosa factura. Así de sinxelo.

SE CHE SUPERA A EMOCIÓN E NON ES QUEN DE AGARDAR MÁIS, DESCARGA AQUÍ O FOLLETO EN PDF PARA COMPLETAR E ENTREGAR EN GALURESA.

SOMOS ALGO MÁIS QUE LUZ E GAS

Non somos outra comercializadora máis de luz e gas, nin unha gran multinacional, somos Galuresa. Quizais xa nos coñeces, os teus veciños de toda a vida. Imos estar ao teu carón en todo momento, para resolver as túas dúbidas. Gústanos coidar ata o último detalle en todo o que facemos e sentimos que o noso compromiso contigo é algo persoal. De que outro xeito podería ser?

Luz 100% verde. É o xusto tamén para o planeta

A nosa enerxía eléctrica só provén do sol, a estas alturas non podería ser doutro xeito.
Certificado pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC)

Sen instalación nin permanencia

Non hai instalación, polo que ninguén irá á túa casa. Simplemente verás o cambio reflectido na factura. E por suposto, podes marchar cando queiras, doutro xeito non sería xusto.

Galegos 100% 

De Santiago de Compostela e con seis décadas de experiencia na venda de carburantes, agora queremos ofrecerche a Luz e o Gas ao mellor prezo, ao prezo máis xusto. E regalándoche gasolina.

Contratación en toda España

Podes contratar a Luz e o Gas de Galuresa para calquera subministración en España.

E COMO SOMOS GALURESA, NON NOS ESQUECEMOS DO TEU COCHE ELÉCTRICO OU HÍBRIDO ENCHUFABLE

Por iso, unímonos a IBIL, a empresa líder en España en fabricación e instalación de puntos de recarga eléctrica para automóbiles, ofrecéndoche todo o servizo necesario para o teu fogar e a túa empresa, coa tarifa de luz máis xusta do mercado e instalándoche o último modelo de cargador eléctrico ultrarrápido, ou o que mellor se axuste ás túas necesidades.

COIDAMOS DA TÚA CALDEIRA DE GAS CIDADE
COMA SE FOSE A NOSA

En Galuresa queremos que a túa experiencia connosco sexa a mellor posible, facilitarche as cousas, que te sintas seguro, por iso propoñémosche que sexamos nós os que nos ocupemos do mantemento e da revisión da túa caldeira de gas cidade e que ti teñas unha cousa menos na que pensar.

O Servizo de mantemento da túa caldeira de gas cidade inclúe a revisión anual, desprazamento do técnico e man de obra.

Agora:

cun desconto de lanzamento do 50%, tes os seis primeiros meses por só 4.05€/mes + IVE e a partir do sétimo mes, 8.10€/mes + IVE. 

COMO CONTRATAR O MANTEMENTO DA TÚA CALDEIRA

Ao contratar o GAS, no apartado “Datos del suministro”, sinala a casa “Mantenimiento de calderas”.
Ou pídenolo si xa eres cliente de gas.

¿TES ALGUNHA DÚBIDA?

Estamos aquí para axudarte.
Dános algúns datos, selecciona o tema sobre o que precisas máis información e resolveremos as túas dúbidas o antes posible.

Propuxémonos atopar a máxima autoridade en xustiza do mundo e atopámola: é Xusto Barcia, o único Xusto de San Xusto, Concello de Barreiros (Lugo). Ninguén mellor ca el para presentarche a nosa nova oferta: Luz e Gas de Galuresa; a prezo de custo e con moita máis gasolina de balde na túa Bumeran, só por 4 €/mes/contrato.

Xusto de San Justo non é o único xusto de Galicia. A xustiza é o eixo da vida doutros moitos! Buscamos a todas esas persoas que levan toda a vida cargando cun nome que non é nada fácil. Ninguén mellor ca eles para presentarche a nosa nova oferta: Luz e Gas de Galuresa; a prezo de custo e con moita máis gasolina de balde na túa Bumeran, só por 4 €/mes/contrato. A tarifa máis xusta do mercado!